Inicio
Inicio Inicio Inicio
Inicio
 
 
 
Mis compras
0€ Iva incl.
0 Artículo
Ver mi cesta
 

Búsqueda



TIENDA ON LINE 
 Piano
 Guitarra
 Violín
 Viola
 Cello
 Contrabajo
 Oboe
 Flauta
 Clarinete
 Saxo
 Fagot
 Trompeta
 Trompa
 Trombón
 Bombardino
 Tuba
 Percusión
 Tradicional
 Varios
Servicio técnico 
 Viento madera
 Viento metal
 PuntoRep
 Cuerda
Nosotros 
 Quienes somos
 Contacto
 Fotos tienda
 Cómo llegar 
 Condiciones generales
 Garantía
 Proceso de pedido
 Plazos de entrega
 Servicios web
 Escríbenos
 LOPD
Seguimiento pedidos 

 
 Inicio   Tienda on line   Servicio Técnico   Escríbenos 
 

Banda Escola de Música de Rianxo

Fundada en 2001

Director: D. Rafael Collazo Moares




Dirección postal: Casa da Cultura, Praza de Castelao, S/N
15.920 - Rianxo
A Coruña
Teléfono: 671058555
Correo electrónico: rafacmoares@yahoo.es
Página web:






 Breve historial de la Banda Escola de Música de Rianxo.


A Escola de Música de Rianxo créase no verán do 2001 coas iniciativas e
inquedanzas do seguinte grupo de músicos rianxeiros: Ramón Vicente,
Carlos Figueira, José Fungueiriño e Rafael Collazo. Nace como un proxecto
educativo para servir de complemento á educación da mocidade de
Rianxo.
O seu proxecto pedagóxico baséase en clases individuais de instrumento,
clases colectivas, audicións, grupos de cámara, ensaios por grupos instrumentais
e ensaios xerais. Máis tarde lévase á práctica con concertos, dentro
e fóra do concello.
A escola conta na actualidade con 131 alumnos e alumnas e, froito deste
traballo, boa parte do seu profesorado procede da propia escola. As ensinanzas
musicais que recibe o alumnado son: linguaxe musical, música activa,
coro, harmonía e música de cámara. E na especialidade instrumental:
frauta, óboe, clarinete, saxofón, trompeta-fliscorno, trompa, trombón,
bombardino, tuba, percusión, violonchelo e piano.
Entre outras actividades, podemos destacar as viaxes a diferentes concertos
educativos das bandas e orquestras seguintes: Banda de Música Municipal
da Coruña, Banda Filharmónica de Galicia, Banda Sinfónica da Federación de
Bandas Populares de Galiza, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía
de Galicia, Certame Provincial de Bandas de Música da Provincia de Pontevedra
nos anos 2005 e 2007, Quinteto de Metais Canadian Brass...
Como resultado desta iniciativa cultural, xorde no ano 2003 a Banda da Escola
de Música de Rianxo, formada na actualidade por 45 persoas, cuxa media
de idade acada soamente os 15 anos. Actúa por primeira vez o 1 de maio de
2003 e desde aquela data actuou en numerosos puntos da xeografía galega,
tanto en festas populares como realizando intercambios de carácter cultural,
entre eles o intercambio coa Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, a
Agrupación Instrumental Solfa (Santiago de Compostela), a Banda de Música
de Cee, a Banda de Música de Guitiriz, a Banda de Música de Noia, a Banda
de Música de Barro, a Banda de Música de Valga, a Banda de Música
Sementeira de Cambre, a Banda de Música Municipal de Santiago...
Nos anos 2004 e 2007 colaborou coa Asociación A Moreniña actuando
no intercambio cultural entre as poboacións de Requejo de Sanabria
(Zamora) e Rianxo.
Desde a súa creación, participa ao longo do ano nos actos organizados
polo Concello: Outono Cultural, Nadal Cultural, Actos Castelao, Letras
Galegas, Verán Cultural, Concertos Didácticos...
Así mesmo, ao longo do ano 2006, para celebrar o 250 Aniversario do
nacemento de Mozart, organizou xunto co Concello o Ciclo de Música de
Cámara Ano Mozart, baseado en 12 concertos de cámara, un por mes. No
2007 institúese o I Ciclo de Música de Cámara Primavera 2006 durante
os meses de marzo, abril e maio.
En agosto de 2005, actúa no Auditorio Valero-Guzmán de Merza e en
decembro dese mesmo ano realiza outro concerto no Teatro Principal de
Santiago de Compostela.
Asemade, colaborou co Concello de Rianxo na creación dun ciclo de bandas,
onde participan ao longo de todo o verán seis bandas de música. Na
clausura de cada unha das tres edicións, a banda da escola organizou uns
concertos especiais:
• Ano 2005: concerto de obras orixinais para banda de música.
• Ano 2006: concerto de música de cine acompañado das imaxes
das películas.
• Ano 2007: concerto para narrador e banda, coa colaboración de
Belén Xestal.
• No mes de xuño de 2007, xunto coas asociacións Banda de Música
de Ribadumia e o Grupo Instrumental Solfa, participa no Campamento
musical “Musigalizando”, que finaliza con dous concertos de
bandas sonoras: no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
e na Praza do Teucro (Pontevedra).
• No mes de agosto do 2007, acode ao curso da Federación Galega
de Bandas Populares.
Desde os seus comezos, o responsábel e director da banda é Rafael Collazo
Moares.




Curriculum de D. Rafael Collazo Moares.


Rafael Collazo Moares (Rianxo, 1978) comeza os seus estudos musicais na
súa vila natal aos sete anos, da man de José España. Aos 14 prosegue a
súa formación de saxofón no Conservatorio Superior de Música de Santiago
de Compostela.
Asiste a clases cos mestres José Saborido, Andrés Gomis e José Tubio e a
cursos con J. M. Londeix, M. Bernadet e Pablo Coello. Realiza varios cursos
de dirección cos mestres Bernardo Adam Ferrero, Marcel van Bree e
Xosé Carlos Seráns.
Formou parte de diversas agrupacións: Banda de Música de Rianxo, Banda
de Música de Catoira, Banda Municipal de Padrón, Banda Municipal de
Vilagarcía e Banda Filharmónica de Galicia.
Neste momento, é profesor de saxofón na Escola de Música Solfa. Asemade,
é director da Escola de Música de Rianxo, onde tamén fai as funcións
de profesor de linguaxe musical e saxofón. Tamén é director musical da
Banda da Escola de Música de Rianxo.




Puntogal


 
 Vigo Música, S.L. - 2.010