|
Banda Municipal de Agolada
Fundada en 1,993
Director: D. Nilo Jesús García Armas

| Dirección postal: |
|
|
- Agolada |
|
Pontevedra |
| Teléfono: |
0 |
| Correo electrónico: |
|
| Página web: |
|
Breve historial de la Banda Municipal de Agolada.

A Banda de Música Municipal de Agolada é unha agrupación formada por músicos cunha media de idade en torno ós 20 anos, sendo a continuadora da tradición musical no concello de Agolada que ó longo do século XX portaron as bandas de música de Artoño, Baíña, Ventosa e Brántega.
Nace en 1993 despois da desaparición da última banda do concello, a Banda de Música Cultural de Brántega. Foi impulsada pola Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada, que se constituíu presidida por Andrés Otero Vázquez. O seu primeiro director foi José Manuel Collazo Verde, que fixo da banda unha realidade e creou o que sería despois a Escola de Música Municipal de Agolada.
En 1994 faise cargo da dirección do proxecto José Luis Quintás Carreira, quen realiza un labor de promoción da Escola de Música importante. A partir deste impulso prodúcese unha renovación do cadro de músicos case na súa totalidade.
Malia ser unha das bandas máis novas da comunidade galega posúe xa un historial interesante. Participou en festivais de música en Tomar e Vilanova de Cerveira (Portugal), Alcobendas (Madrid) así como en numerosos certames da xeografía galega. En 1999 viaxou ata Valencia para ver de preto o desenvolvemento do concurso internacional de bandas de música Ciudad de Valencia e no 2003 ó Man a Man que celebran as bandas Artística e Armónica de Buñol (Valencia).
Dos premios acadados na súa traxectoria cómpre salientar:
1º Premio no I Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2001) na sección terceira. 1º Premio no II Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2002) na sección terceira. 2º Premio no IV Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra (2004) na sección segunda. Na actualidade esta agrupación ten a súa sede na Casa da Cultura da vila e está integrada por 50 músicos, case todos veciños do concello. Está apoiada pola asociación cultural Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada, constituída por uns 150 socios, así como por unha directiva da que forman parte membros da banda e pais de nenos da escola. Nilo Jesús García Armas dirixe dende 2005 a Escola de Música, que conta cuns 70 alumnos que garanten a continuidade da banda.
En xaneiro de 2007 José Luis Quintás Carreira deixa a batuta para centrarse no seu labor como profesor no Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela. Faise cargo da dirección da banda Nilo Jesús García Armas, quen ata o momento ocupaba o atril de clarinete principal, dando paso así a unha nova etapa para a agrupación.

Curriculum de D. Nilo Jesús García Armas.

Maracaibo (Venezuela) 1981
Empeza os seus estudos musicais á idade de 8 anos no Conservatorio da Coruña, dando as súas primeiras notas co clarinete dous anos despois co profesor Vicente Pérez Planells. Tras esta formación inicial trasládase á cidade de Pontevedra para compaxinar os estudos de clarinete coa diplomatura de Educación Musical. Posteriormente ingresou no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde estudou cos profesores Roberto Noite e Francisco Pérez. É no Conservatorio Superior de Música da Coruña onde finaliza os seus estudos con Vicente Pérez Planells no curso académico 2004-2005.
Realizou diversos cursos de técnica e interpretación con profesores como Manuel Juan López (solista da Orquestra Filharmonía de Galicia), Juan Navarro (solista da Orquestra Sinfónica de Euscadi), Enrique Pérez Piquer (solista da Orquestra Nacional de España), Lares Wouters, Walter Boeykens, Hans Deinzer, entre outros.
Colaborou asímesmo con numerosas bandas de Galicia, en ocasións acudindo ó Certame Internacional de Valencia e Certame Internacional de Altea, entre outros, onde se alzaron co 1º premio. Tamén colaborou coa Banda de Música Municipal da Coruña.
Acudiu como convidado no ano 2001 coa Banda Artística de Buñol (Valencia) ó Certame de Bandas de Música de Kerkrade (Holanda), obtendo o 1º premio na sección especial.
É membro fundador do Cuarteto de Clarinetes Stadler co que foron finalistas no 3º Concurso de Música de Cámara de Arnuero (Cantabria). Neste tamén obtivo o galardón ó mellor instrumentista, premiado coa participación no Encontro de Música e Academia de Santander 2005, onde recibiu leccións maxistrais de Karl-Heinz Steffens, clarinete solista da Orquestra Filharmónica de Berlín. Co dito cuarteto foron seleccionados para participar no prestixioso concurso de Música de Cámara Montserrat Alavedra (Terrasa), ademais de ofrecer numerosos recitais polos auditorios de Galicia. Realiza o seu concerto fin de carreira en decembro de 2005 obtendo máximas cualificacións, e por iso foi seleccionado para participar no 1º premio á excelencia musical organizado pola Xunta de Galicia.
Como solista de orquestra participou coa Orquestra Sinfónica de Melide, así como a Orquestra de Cámara Galega, estreando unha ópera no Teatro da Maestranza de Sevilla en 2006.
Cursos de dirección con Marcel van Bree e Pascual Villaplana.
En xullo de 2007 aproba as oposicións para profesor de conservatorio da Xunta de Galicia e é director e profesor da Escola Municipal de Música de Agolada (Pontevedra), ademais de afrontar a dirección da Banda de Música Municipal de Agolada desde xaneiro de 2007.

|