Inicio
Inicio Inicio Inicio
Inicio
 
 
 
Mis compras
0€ Iva incl.
0 Artículo
Ver mi cesta
 

Búsqueda



TIENDA ON LINE 
 Piano
 Guitarra
 Violín
 Viola
 Cello
 Contrabajo
 Oboe
 Flauta
 Clarinete
 Saxo
 Fagot
 Trompeta
 Trompa
 Trombón
 Bombardino
 Tuba
 Percusión
 Tradicional
 Varios
Servicio técnico 
 Viento madera
 Viento metal
 PuntoRep
 Cuerda
Nosotros 
 Quienes somos
 Contacto
 Fotos tienda
 Cómo llegar 
 Condiciones generales
 Garantía
 Proceso de pedido
 Plazos de entrega
 Servicios web
 Escríbenos
 LOPD
Seguimiento pedidos 

 
 Inicio   Tienda on line   Servicio Técnico   Escríbenos 
 

Banda de Música Municipal de Valga

Fundada en 1,995

Director: D. Manuel Villar Touceda




Dirección postal: Avda. Coruña, 14
36.645 - Valga
Pontevedra
Teléfono: 0
Correo electrónico:
Página web:






 Breve historial de la Banda de Música Municipal de Valga.


A escola de música comeza a súa andaina en setembro de 1995, con 50
alumnos e alumnas e 2 profesores. Impártense as clases de linguaxe musical
e música e movemento. No curso 1996-97 incorpórase novo persoal
docente para impartir as especialidades de óboe, frauta traveseira, clarinete,
saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino-tuba e percusión.
No curso 1997-98, a escola segue a crecer até chegar ás 80 persoas. Neste
ano, tamén comeza a funcionar a aula de música de cámara. No curso
1998-99 créase a aula de conxunto instrumental e a banda de música fai
a súa presentación o 17 de maio de 1999.
No curso 1999-00, a escola colabora na creación da Big Band e no Coro
Feminino da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música. Participa
no VI Festival Xoves Músicos Europeos organizado pola EMU en Trondheim
(Noruega), en maio de 2000. Realiza con estas agrupacións unha
xira de concertos por toda Galiza no mes de xullo. No curso 2001-02, a
Big Band participa no V Festival de Xoves Músicos Europeos organizado
pola EMU en Suíza, en maio de 2002.
No curso 2002-03, a aula de conxunto instrumental comeza coas clases
colectivas dos nenos e das nenas máis novos da escola de música, que xa
están a tocar os instrumentos con idades entre os oito e os 11 anos. Créase
así a Banda Infantil, dirixida polo profesor de saxofón da escola de
música, Diego García Morales. Na actualidade, diríxea o profesor de trombón
Carlos Cabaleiro López.
No curso 2003-04 comezan a dar resultados moi positivos as clases do
departamento de piano complementario e comézanse a impartir as clases
de canto. No curso 2004-05 trabállase coas agrupacións de cámara nas
distintas especialidades instrumentais, a banda de música grava o primeiro
CD e viaxa a Bos Aires (Arxentina).
No curso 2005-06, na aula de conxunto instrumental comezan os ensaios
para a creación dunha nova agrupación: unha gran banda de jazz que marca
un novo estilo de música na escola. Sae tocar por primeira vez en decembro
de 2005 en Caldas de Reis e Valga, dirixida por Manuel Villar Touceda.
Na actualidade, a escola conta con 11 persoas canto ao profesorado, 120
alumnos e alumnas e os grupos instrumentais de frautas, óboes, clarinetes,
saxofóns, trompetas, trompas, vento-metal grave, vento-metal, percusión,
grupo Orff, Banda de Música e Big Band.
Desde a súa presentación no ano 1999, participou en diversos festivais e
certames destacando os celebrados celebrados en Valga, Barro, Ribadeo,
Ribadumia, Portomarín, Castrelo, Vilagarcía, Negreira, Pontevedra, Caldas
de Reis, Zaragoza e Bugos e os campamentos de verán realizados en
Ourense, Lugo, Luarca, León, Zamora e Palencia.
Entre os premios acadados por esta banda, cómpre destacar:
• V Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra,
2005, 3º premio na sección terceira.
• I Certamen Nacional de Bandas de Música Villa de Magallón, Zaragoza,
setembro de 2006, 3º premio.
• VI Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra,
outubro de 2006, 2º premio na sección terceira.
• VII Certame Provincial de Bandas de Música, Deputación de Pontevedra,
outubro de 2007, 1º premio e mención de honra na segunda
sección.




Curriculum de D. Manuel Villar Touceda.


Manuel Villar Touceda nace en Valga (Pontevedra) o 5/11/1969. Con 15
anos pasa a formar parte da Banda de Música Municipal de Padrón como
trompeta. Estuda o primeiro curso de música no Conservatorio Superior
de Santiago; máis tarde estuda no Conservatorio Superior da Coruña, en
Madrid e en Vigo. Acada o título superior de trompeta no Conservatorio
Superior de Santiago coas máis altas cualificacións.
Recibe clases dos mestres Justino Prieto, José Vicente Simeó, José Ortí,
Enrique Rioja, e Benjamín Moreno. Estuda pedagoxía musical cos mestres
Tomás Rábanos, Ana Mª. Navarrete, Susa Herrera, Tomás Marco, Fernando
Palacios e Jos Wuytack. Realiza dirección de banda con Adám Ferrero
e Henri Adams e orquestración con Samuel Adler.
Traballa e colabora coa Banda de Vilagarcía, a Banda da División Guzmán
El Bueno (Sevilla), a Banda Sinfónica de Galicia, a Banda Municipal da
Coruña, a JONDE, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquesta e Coro de
RTVE etc.
Traballa como profesor de vento-metal na Escola de Música Municipal de
Caldas de Reis e como profesor de trompeta no Conservatorio Superior de
Música de Vigo.
Na actualidade é o director da Escola e Banda de Música Municipal de Valga,
presidente da Sociedade Cultural Banda de Música Municipal de
Padrón, vogal da Asociación Galega de Escolas Municipais de Música e
profesor de música en secundaria.




Puntogal


 
 Vigo Música, S.L. - 2.010