Inicio
Inicio Inicio Inicio
Inicio
 
 
 
Mis compras
0€ Iva incl.
0 Artículo
Ver mi cesta
 

Búsqueda



TIENDA ON LINE 
 Piano
 Guitarra
 Violín
 Viola
 Cello
 Contrabajo
 Oboe
 Flauta
 Clarinete
 Saxo
 Fagot
 Trompeta
 Trompa
 Trombón
 Bombardino
 Tuba
 Percusión
 Tradicional
 Varios
Servicio técnico 
 Viento madera
 Viento metal
 PuntoRep
 Cuerda
Nosotros 
 Quienes somos
 Contacto
 Fotos tienda
 Cómo llegar 
 Condiciones generales
 Garantía
 Proceso de pedido
 Plazos de entrega
 Servicios web
 Escríbenos
 LOPD
Seguimiento pedidos 

 
 Inicio   Tienda on line   Servicio Técnico   Escríbenos 
 

Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Fundada en 1,979

Director: D. Álvaro Varela Ferradáns




Dirección postal: Centro Cultural de Xinzo
36.891 - Ponteareas
Pontevedra
Teléfono: 0
Correo electrónico:
Página web:






 Breve historial de la Banda de Música Xuvenil de Xinzo.


Aínda estaba presente na memoria da veciñanza o recordo das dúas bandas
que houbera en Xinzo a principios e a mediados do século XX, cando
no ano 1979 rexurdiu de novo o espírito musical. Deste xeito, un grupo de
xente nova iniciábase na arte da música da man do mestre José Guillén
Lorenzo. No ano 1981 constituíase a Banda de Música Xuvenil de Xinzo.
Cómpre destacar que foi a segunda banda con carácter xuvenil que se formou
no país e que sinalou o comezo dunha nova concepción deste tipo de
agrupacións en Galiza. En 1984 toma a batuta Bolívar González Rodríguez.
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo inicia así un novo período,
aumenta o número de compoñentes, iníciase a participación nos conservatorios
e dótase de diferentes instrumentos como tubas, bombardinos, óboes,
barítonos e timbais. Fórmase nesta agrupación a primeira muller que
foi instrumentista de tuba.
No ano 1985 participa no concurso Gente joven de TVE e durante a viaxe
realizada a Madrid para a gravación do programa, a banda estrea baixo a
batuta de J. Carracedo o pasodobre Homenaje a Garzón Cidanes. É esta a
época máis brillante da banda e participa en numerosos certames. Obtén
o primeiro posto da categoría xuvenil no certame celebrado en Cangas do
Morrazo. Participa tamén no I Congreso de Musicoloxía de Vilanova de
Cerveira (Portugal). Celebra actuacións conxuntas coa Coral do Centro
Artístico Sportivo de Ponteareas, ten unha extraordinaria acollida e mesmo
realiza a primeira gravación para a Radio Galega.
En 1987 visita Lisboa para dar tres concertos e no mesmo ano ponse en
marcha un intercambio coa Banda de Música La Artística de Monovar
(Alacante), que se repite ao ano seguinte e no 2005.
No remate dos oitenta, toma a batuta Sergio Hurtado Carrascosa, clarinetista
da Banda Militar de Marín. O seu período á fronte da banda foi breve
e axiña o relevaría Antonio Budiño Durán. Nos dous anos que estivo
como director, tratou de darlle unha maior especialización e consistencia
á escola de música e promoveu un novo intercambio coa Banda La Unión
de Castellar Oliveral, en Valencia.
Na década dos noventa, a asociación sofre unha perda notábel de xente,
que abandona por distintos motivos, o que supón un duro golpe. Neste
momento, colle a batuta Bolívar González. Lévase a cabo un intercambio
coa Banda de Ribadeo, viáxase a Santander, particípase no programa da
TVG Galicia directa en dúas ocasións e no programa-concurso Con música
propia, organizado pola Consellería de Cultura e a TVG. Realízase a
segunda gravación para a Radio Galega, que sería editada e distribuída
polo xornal O Correo Galego. Hai que subliñar que moitos membros desta
banda acabaron por dedicarse profesionalmente á música.
Merecen atención as actuacións realizadas en Portugal, no Festival Ibérico
da Cidade de Tomar e na localidade de Cortes (Reixida). Repítese experiencia
na TVG na segunda convocatoria do concurso Con música propia.
Particípase en numerosos certames como o de Cangas, o de Chantada, o
de Castrelo de Cambados... No ano 2005, acádase o 3º posto no V Certame
Provincial de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra.
Desde finais do ano 2006, a banda está dirixida por Álvaro Varela Ferradáns,
profesor de trompeta no Conservatorio Profesional de Música Reveriano
Soutullo de Ponteareas e, canto á escola de música, conta cunha
gran cantidade de alumnos e alumnas que pronto pasarán á agrupación
como o fixeron antes as 50 persoas que forman esta banda. Obrigado é
mostrarmos a nosa gratitude aos pais e ás nais no seu esforzo e a todas
as persoas e directivos que viñeron prestando a súa colaboración para
facer posíbel chegarmos até aquí.




Curriculum de D. Álvaro Varela Ferradáns.


Álvaro Varela Ferradáns nace en Vigo en 1978. Por motivos familiares, aos
oito anos trasládase a vivir a Merza, onde comeza os seus estudos musicais
na Escola de Música da Banda Artística de Merza. Máis tarde comezará
tamén estudos oficiais no Conservatorio Superior de Música de Santiago
de Compostela, onde obterá no 2001 o título de profesor superior de
trompeta.
Recibiu clases e cursos de trompeta de instrumentistas da categoría de
Luis González, José Rodríguez, Benjamín Moreno, Javier Simó, Maurice
André, Eric Aubier, Hakan Hardenberger…Tamén recibiu cursos e asistiu a
clases de formación vocal e auditiva, conxunto coral, dirección coral, e de
banda de música de Miro Moreira, Sally Allbought, Marcel van Bree… Ademais,
Álvaro Varela é licenciado en economía pola Universidade de Santiago
de Compostela e posúe o título do Curso de adaptación pedagóxica,
impartido pola mesma institución.
Como trompetista, forma parte e colabora con gran variedade de agrupacións,
como a Banda Artística de Merza, a Banda Municipal de Santiago,
a Banda Sinfónica de Galicia, a Banda Sinfónica do Deza, a Banda Filharmónica
de Galicia, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de
Música Populares, a Orquestra de Cámara Galega, a Orquestra Clásica do
Deza, o Grupo de Metais de Galicia, o Quinteto de Metais Merza Brass…
Traballou como profesor en distintos centros como a Escola de Música de
Vila de Cruces, a Escola de Música de Teo, o Conservatorio de Ponteareas,
centros públicos de educación secundaria etc. Outras facetas súa foi a de
director da Coral San Salvador de Camanzo. Así mesmo, creou e arranxou
varias obras para coro e quinteto de metais.
No 2004 ingresa mediante oposición no corpo de profesorado de música
de educación secundaria. Actualmente é profesor de música no IES Poeta
Añón da Serra de Outes, profesor de trompeta no Conservatorio Profesional
de Música Reveriano Soutullo de Ponteareas e director de Banda de
Música Xuvenil de Xinzo.




Puntogal


 
 Vigo Música, S.L. - 2.010