Inicio
Inicio Inicio Inicio
Inicio
 
 
 
Mis compras
0€ Iva incl.
0 Artículo
Ver mi cesta
 

Búsqueda



TIENDA ON LINE 
 Piano
 Guitarra
 Violín
 Viola
 Cello
 Contrabajo
 Oboe
 Flauta
 Clarinete
 Saxo
 Fagot
 Trompeta
 Trompa
 Trombón
 Bombardino
 Tuba
 Percusión
 Tradicional
 Varios
Servicio técnico 
 Viento madera
 Viento metal
 PuntoRep
 Cuerda
Nosotros 
 Quienes somos
 Contacto
 Fotos tienda
 Cómo llegar 
 Condiciones generales
 Garantía
 Proceso de pedido
 Plazos de entrega
 Servicios web
 Escríbenos
 LOPD
Seguimiento pedidos 

 
 Inicio   Tienda on line   Servicio Técnico   Escríbenos 
 

Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira

Fundada en 1,98

Director: D. Miguel Rodríguez Barrio.




Dirección postal: Bandeira
- Silleda
Pontevedra
Teléfono: 0
Correo electrónico:
Página web:






 Breve historial de la Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.


Esta agrupación musical formouse no ano 1980, sendo elixido como mestre e director José Villaverde Gómez, quen estivo ó seu cargo ata setembro do ano 89.

En 1983 participa no Certame de Bandas Populares de Galicia, que tivo lugar en Santiago de Compostela, e recibe a mención de Banda máis xove de Galicia.

En 1989 a asociación contrata como director a Luis A. González Amosa, con tan só 17 anos.

O esforzo realizado durante este tempo reflícteo o 4º posto acadado no 1º Certame de Bandas Populares de Galicia, que tivo lugar en Lalín en 1991.

Luis González Amosa permaneceu á fronte da Agrupación ata o ano 2000, data na que tomou a batuta Braulio M. Cao Ledo.

Ó longo da súa traxectoria o seu labor e o esforzo da banda viuse recompensado cos premios acadados no Certame Provincial de Pontevedra, organizado pola Deputación de Pontevedra:

Segundo premio no ano 2001. Segundo premio no ano 2002. Primeiro premio e Mención de Honra no 2003, todos na sección terceira.
Primeiro premio e Mención de Honra no ano 2005, na segunda sección.
Segundo premio no certame de Vila de la Sénia en Tarragona, no 2007, na sección primeira.
Nestes momentos a banda segue a traballar, día a día, na música e na cultura, proba disto é a realización de actividades como son os concertos extraordinarios que se celebran todos os anos pola Santa Cecilia e Ano Novo, e os cursos de especialización musical polos que pasaron algúns dos mellores músicos a nivel nacional (Benjamín Moreno, Miguel de Santiago, Manuel Juan López, Indalecio Bonet-Manrique, etc…).

Tamén hai que destacar a realización do Festival de Bandas de Música Populares, que ten lugar todos os anos no mes de setembro, e pola que pasaron as principias bandas de música de Galicia (Lalín, Salcedo, Meaño, Beade…). Ademais, a banda actúa en numerosos certames de bandas de música e en gran número de festas populares. Actualmente conta cunha gravación de casetes e cds realizada no Auditorio da Semana Verde de Galicia.

A súa escola de música está formada por 60 alumnos, que son compoñentes da Banda Xuvenil. A escola de música da banda imparte ós seus alumnos clases de Linguaxe Musical, Música e Movemento, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trombón, Bombardino, Tuba e Percusión.

Esta formación conta na actualidade cun total de 60 músicos, entre os que sobresaen os que colaboran con distintas agrupacións profesionais das máis importantes de Galicia. Dende o ano 2008 a banda está a cargo de Miguel Rodríguez Barrio.









Curriculum de D. Miguel Rodríguez Barrio..


Nace en Merza en 1974 no seo dunha familia de músicos. Comeza os seus estudos musicais na escola de música da Banda Artística de Merza da man de Ramón Guzmán e Santiago Neva Curtido como mestre de tuba. Ós 16 anos trasládase a Santiago de Compostela para iniciar os estudos de solfexo e tuba no conservatorio de esta cidade, recibindo clases simultaneamente de Carlos Seráns Olveira (tuba da banda municipal compostelá); logo de rematar os estudos en Santiago trasládase a Madrid por un período de dous anos durante os cales estuda con Miguel Navarro Carbonell (tuba solista da Orquesta Nacional de España).

Foi profesor nos seguintes centros:

Escola de Música de Silleda
Escola de Música de Bandeira
Escola de Música de Merza
Escola de Música da Union Musical de Ponteledesma
Escola de Música de Vila de Cruces
Escola de Música de Sober
É fundador dos cursos de vento realizados en Bandeira durante cinco anos, fundador do festival de metais de Galicia.

Foi membro activo de distintas agrupacións, entre as que destacamos: Banda municipal de Santiago, Banda Sinfónica de Galicia, Xove Orquestra de Galicia, quinteto Campos e quinteto Santa Cecilia, Banda sinfónica das Rías Altas, Banda do Deza, Orquestra da Comunidade Galega e Orquestra sinfónica de Galicia, Agrupación Armonia, etc.

Asistiu a diversos cursos:

EMiguel Moreno (conservatorio de Madrid)
EJ. Ettenbert (Orquestra Sinfónica de Galicia)
EAidy Hergo ( Orquestra Filharmónica de Israel)
EPablo Asturiano (Orquestra Cidade de Barcelona)
Estyf Dumeil (New York Symphony)
Foi director durante sete anos da Unión Musical de Ponteledesma; durante o 2005 dirixiu a Banda de Sober, dende o 2005 ata o 2007 a Banda de Música Cultural de Teo.

Estudou dirección con Marcel Van Bree, logo realizou diversos cursos da man de mestres como; Francisco Grau (Banda Real) e Jan Cober (director da Escola Europea de Dirección de Banda, Trento), e outros máis. Dende o ano 2000 é tuba solista, por oposición, da Banda Municipal da Coruña. Ocupación que alterna, dende xaneiro de 2008 coa da dirección da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira.





Puntogal


 
 Vigo Música, S.L. - 2.010