Inicio
Inicio Inicio Inicio
Inicio
 
 
 
Mis compras
0€ Iva incl.
0 Artículo
Ver mi cesta
 

Búsqueda



TIENDA ON LINE 
 Piano
 Guitarra
 Violín
 Viola
 Cello
 Contrabajo
 Oboe
 Flauta
 Clarinete
 Saxo
 Fagot
 Trompeta
 Trompa
 Trombón
 Bombardino
 Tuba
 Percusión
 Tradicional
 Varios
Servicio técnico 
 Viento madera
 Viento metal
 PuntoRep
 Cuerda
Nosotros 
 Quienes somos
 Contacto
 Fotos tienda
 Cómo llegar 
 Condiciones generales
 Garantía
 Proceso de pedido
 Plazos de entrega
 Servicios web
 Escríbenos
 LOPD
Seguimiento pedidos 

 
 Inicio   Tienda on line   Servicio Técnico   Escríbenos 
 

Banda de Música Artistica de Merza

Fundada en 1,828

Director: D. José Rodríguez Ramos




Dirección postal: Casa da Cultura - Merza
36.580 - Vila de Cruces
Pontevedra
Teléfono: 0
Correo electrónico:
Página web:






 Breve historial de la Banda de Música Artistica de Merza.


Fundada no ano 1828, a Banda Artística de Merza é a agrupación popular
máis antiga de Galiza. O primeiro director do que se ten constancia foi Anselmo
González, ao que sucedería o seu neto Roxelio Otero. Baixo a batuta deste
director, no ano 1930, a banda dividiuse en dúas agrupacións: a Banda
Vella, dirixida polo citado mestre e por Mariano Rodríguez, e a Banda Nova,
dirixida por Ramón Sueiro e Manuel Blanco. O 13 de xullo de 1939 e coa
dirección de Xesús Cao González vólvense xuntar ambas formacións.
Ao longo da súa dilatada traxectoria foron moitos os directores que pasaron
pola Artística, entre os máis destacados figuran: Xosé Fiúza, Francisco
Beristain, Enrique González, Rafael Aladrén, Feliciano Cagide, Francisco
Ortega, Enrique García Rey, Antonio Castro, Amadeo Valero (subdirector
da Banda del Generalísimo), Antonio Amigo, Alejandro del Río, Miguel de
Santiago, Vicente Paniagua, Xurxo Guzmán, Serge Fortín e José Rodríguez
Ramos, actual director. Do mesmo xeito, interveñen diferentes directores
convidados como Marcel van Bree, Xosé Carlos Seráns, Xosé Casal ou
Xosé Manuel Collazo.
A Banda Artística de Merza ten actuado por toda a xeografía galega, en
Asturias, Valencia, Cantabria, Alacante e Portugal, sen esquecer as xiras que
realizou por Venezuela nos anos 1982 e 1992 e por Arxentina no ano 2000.
Participa asiduamente en festivais e certames de recoñecido prestixio,
como son os de Vigo, Cangas, Santiago de Compostela, Ourense, Lalín, Vila
de Cruces, Catoira, Castrelo, Gres, Ordes, Meaño, Boqueixón, Monçao e
Trofa en Portugal, Valencia, O Rosal, Valadares etc., así como en gravacións
para distintos programas da Radio e Televisión de Galicia. En 1981
edita o seu primeiro disco, titulado Bandas galegas, e no 1998 o seu primeiro
CD: 171 anos de tradición musical.
Entre os premios acadados por esta banda, cómpre destacar os seguintes:
• Primeiro premio no Certame de Bandas de Música de Santiago de
Compostela, no ano 1912.
• Terceiro premio no Certame de Cangas, no ano 1985.
• Terceiro premio no Certame Celta, celebrado en Vigo no ano 1986.
• Terceiro premio, obtido no Certame de Bandas de Lalín no ano 1990.
• Mención de honra no I Certame Galego de Bandas de Música Populares,
realizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a
CRTVG no ano 1995.
• Segundo premio, na sección segunda, do Certamen Internacional
de Bandas de Música Ciudad de Valencia, no ano 2002.
• Primeiro premio e mención de honra, na sección primeira, do II
Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial
de Pontevedra, no ano 2002.
• Premio da Cultura do Concello de Vila de Cruces, no ano 2003.
• Primeiro premio, na sección primeira, do III Certame Provincial de
Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra no ano
2003.
• Primeiro premio e mención de honra, na sección especial, do IV
Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial
de Pontevedra, no ano 2004.
• Primeiro premio e mención de honra, na sección primeira, da
XXXIII Edición do Certamen Internacional de Bandas de Música
Vila d’ Altea, no ano 2004.
• Primeiro premio e mención de honra, na sección especial, do VI
Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial
de Pontevedra, no ano 2006.
• Primeiro premio e mención de honra, na sección primeira, da XXXV
edición do Certamen Internacional de Bandas de Música Vila d’
Altea, no ano 2006.
A finais dos anos 70 comeza a traballar a escola de música da banda, que nun
principio contaba cos mestres Amadeo Valero e Ramón Guzmán. Na actualidade,
e en colaboración co Concello de Vila de Cruces, conta cun claustro de
17 profesores, que atenden a máis de 100 alumnos e alumnas. Desde a escola
poténciase, ademais do traballo individual, a asistencia a cursos, a creación
de grupos de cámara, bolsas de estudo, e a Banda Xuvenil da Artística de
Merza, como reflexo do traballo realizado por mestres e alumnado.
Hoxe en día, a Banda Artística de Merza ten federados máis de 100 músicos,
moitos deles profesionais, e está considerada unha das mellores e
máis atractivas de Galiza e do Estado.




Curriculum de D. José Rodríguez Ramos.


José Rodríguez Ramos nace en Araño (Rianxo). Aos sete anos de idade comeza
os seus estudos musicais en Evian-Les-Bains (Francia). Debuta na banda
municipal desta localidade tres anos máis tarde. De regreso ao país, prosegue
os seus estudos de trompeta e inicia os de piano no Conservatorio Superior
de Música da Coruña. Durante esta etapa, pasa a formar parte da Banda
Infantil de Taragoña. Máis tarde trasládase a Santiago, onde segue a estudar
trompeta co mestre Maximino Boga no conservatorio desta cidade.
Desde o ano 1988 en diante, conflúen unha serie de circunstancias que
marcarán o seu futuro profesional. En primeiro lugar, pasa a formar parte
da Banda Municipal de Santiago, agrupación na que presta os seus servizos
durante tres anos. É nesta época cando asiste a varios cursiños co
profesor José María Ortí Soriano, do Conservatorio Superior de Música de
Madrid e trompeta solista da Orquesta Nacional de España. A partir deste
momento, compaxina as clases que este profesor imparte na Academia
Santa Cecilia de Madrid cos estudos oficiais no conservatorio compostelán,
onde obtén o título de profesor superior de trompeta.
En 1990 ingresa por oposición na Banda Municipal da Coruña. Nesta nova etapa
imparte cursiños en diversas localidades da xeografía galega e tamén colabora
coas máis diversas agrupacións do noso país, como son: o Grupo de
Metais Santa Cecilia de Ferrol, o Grupo de Metais de Santiago, Coruña Brass,
o Grupo de Metais de Galicia, a Banda Sinfónica de Galicia, a Orquestra Sinfónica
de Galicia e a Orquestra de Cámara da Coruña, coa que actuou de solista.
Outras das súas facetas musicais foron as de colaborador de varias escolas
de música, mestre de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de
Ferrol ou director da Banda de Música de Vilalba. Continúa a perfeccionarse
no seu instrumento con profesores da talla de Vicente Martínez, Juan Carlos
Alandete ou Benjamín Moreno e segue os cursos que imparte José Ortí.
No verán de 2003 ingresa por oposición no corpo de profesores de conservatorio.
Desde este momento, imparte docencia no Conservatorio Profesional
de Música da Coruña, faceta que compaxina coa de director da
Banda Artística de Merza.




Puntogal


 
 Vigo Música, S.L. - 2.010