|
Agrupación Musical de Goián
Fundada en 1998
Director: D. César Núñez Pérez

| Dirección postal: |
Multiusos de Goián - c / O regatiño, s/n |
|
36750 - Tomiño |
|
Pontevedra |
Breve historial de la Agrupación Musical de Goián.

A Agrupación Musical de Goián comeza, en xaneiro do ano 1994 como unha actividade extraescolar da Asociación de pais de alumnos do Colexio C.E.I.P. pintor Antonio Fernández de Goián a impartirse clases de música. Dada a cantidade de nenos inscritos nesta actividade, deciciuse formar unha banda de música.
No mes de xuño de 1996 compráronse os primeiros instrumentos, pagados polos pais agás duas tubas que foron subvencionadas polo Concello de Tomiño e a Comunidade de Montes de Goián.
Presentase o público na praza da igrexa de Goián o 27 de xuño de 1998 sendo apadriñada pola Agrupación Musical de O Rosal e a Banda Xuvenil de Chapela.
No mes de Agosto do ano 2000 participa non intercambio coa banda de música de Santa Cecilia de Foios (Valencia), que nos devolven a visita no ano 2001.
En setembro do ano 2000 participa no 3º Festival internacional de Música dos Templarios en Tomar ( Portugal ).
Participou por duas veces no programa da TVG, Galicia Enteira.
Participou no 1ª,2º,3º,4º e 6º Certame Provincial da Deputación de Pontevedra, sendo a banda mais nova no primer Certame. Acada o SEGUNDO PREMIO no 3º Certame. PRIMEIRO PREMIO E MENCIÓN DE HONRA no 4º Certame, celebrado en outubro do ano 2004. e PRIMER PREMIO E MENCIÓN DE HONRA NO 6º CERTAME, celebrado en outubro de 2006.
Grava o primeiro C.D. en abril do ano 2003.
No mes de Xullo de 2005 acude a San Martin de La Vega ( Madrid ) para un intercambio coa banda desa localidade, que nos devolve a visita en setembro dese mesmo ano.

Curriculum de D. César Núñez Pérez.

ESTUDOS MUSICAIS
1999 Título de Grao Medio na especialidade de tuba polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, co profesor D. Eduardo Nogueroles 2000 Título de Grao Superior na especialidade de tuba polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, co profesor D. Eduardo Nogueroles 2000-2001 Curso de Pedagoxía e Prácticas de Profesorado polo Conservatorio Superior de Música de Madrid, co profesor D. Miguel Moreno Guna.
OUTROS CURSOS E SEMINARIOS
1992 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Ricardo Casero 1992 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Sam Pilaphian 1993 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Vicente López 1994 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Vicente López 1995 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Vicente López 1998 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Miguel Moreno 1998 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Jon Sass 1998 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Mel Culbertson 1999 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor David Llacer 1999 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Mel Culbertson 2000 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Mel Culbertson 2000 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Miguel Moreno 2002 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Hervey Phillips 2003 Curso de Informática Musical impartido por C.E.F.O.R.E 2004 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Jay Friedman 2004 Curso de programación e unidades didácticas impartido por Javier Jurado 2006 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Jens Bjorn Larsen 2006 Curso de formación "ESCOLLE o TEU INSTRUMENTO" pola Consellería de educación 2006 Curso de perfeccionamento e interpretación co profesor Rex Marti
SEMINARIOS DE DIRECCIÓN
2001 Curso de dirección de banda co profesor Jan Cober 2004 Curso de dirección de banda co profesor Marcel Van Bree
EXPERIENCIA PROFESIONAL
DIRECTOR:
• 1997-2001 Director da Banda Xuvenil da Escola de Música de Salceda de Caselas • 1998-2000 Director artístico da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) • 2001 Director da Banda Musical Lanhelense (Portugal) • 2003 Subdirector da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas (Na cal segue desempeñando a devandita función na actualidade) • 2006 Director da Banda de Música do Conservatorio Profesional de Ourense • 2006 Director Invitado no I Encontro de Nadal da Banda Sinfónica de Lanhelas
INTÉRPRETE:
• 2001 Colabora coa Orquestra Sinfónica Real Filarmonía de Galicia, dirixida por Máximo Zumalave • 2001-2003 Tuba solista da Banda Municipal de Santander • 2004 Colabora coa Orquestra sinfónica Real Filarmonía de Galicia, dirixida por Ros Marba • 2004 Colabora coa Orquestra Sinfónica Pablo Sarasate de Pamplona, dirixida por D. Joseph Vicent • Colaboración en diversas programacións coa Banda Municipal de Ourense e coa Banda Municipal de A Coruña. • Actuou como concertista coa Banda do Conservatorio Profesional de Música de Ourense • Foi membro da Banda da Federación de Bandas de Música de Galicia, dirixida por Marcel Van Bree
MUSICA DE CÁMARA
• 2000 Membro fundador do grupo de Tubas "TUBATA" • 2000 Membro fundador do grupo de Vento-Metal "CATAVENTUS" • 2005 Membro fundador do grupo de Tubas "THE TUB@S" (No cal segue participando)
DOCENCIA
• 1996-2001 Profesor de Linguaxe Musical e de Tuba na Escola de Música de Salceda de Caselas • 1998-2000 Director da Escola de Música de Sta. Cruz de Ribadulla e profesor de Tuba. • 2003-2007 Profesor de Tuba no Conservatorio Profesional de Música de Ourense • 2003-2007 Profesor de Tuba na Escola de Música de Salceda de Caselas (Na cal segue desempeñando a devandita función na actualidade) • 2007 Profesor de Tuba na Escola de Música da Agrupación Musical de O Rosal (Na cal segue desempeñando a devandita función na actualidade)
OUTRAS ACTIVIDADES
• 2005 Técnico Experto no proceso de selección de profesorado na Escola Municipal de Ribadeo • Dende o 2005 é principal membro organizador dos Cursos Internacionais Semana Musical de Salceda de Caselas, polos cales levan pasado instrumentistas do talle de Jens Bjorn Larsen, Scoot Hatrman, Francisco Rosario, Vicent Alberola, Asterio Leiva Piñeiro, Esteban Batallán, Fernando Raña e grupos de Cámara como o cuarteto de trobons NEXUS'904 • Participa nas "Primeiras Xornadas de Música e Danza" dos conservatorios de Galicia, organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

|