Inicio
Inicio Inicio Inicio
Inicio
 
 
 
Mis compras
0€ Iva incl.
0 Artículo
Ver mi cesta
 

Búsqueda



TIENDA ON LINE 
 Piano
 Guitarra
 Violín
 Viola
 Cello
 Contrabajo
 Oboe
 Flauta
 Clarinete
 Saxo
 Fagot
 Trompeta
 Trompa
 Trombón
 Bombardino
 Tuba
 Percusión
 Tradicional
 Varios
Servicio técnico 
 Viento madera
 Viento metal
 PuntoRep
 Cuerda
Nosotros 
 Quienes somos
 Contacto
 Fotos tienda
 Cómo llegar 
 Condiciones generales
 Garantía
 Proceso de pedido
 Plazos de entrega
 Servicios web
 Escríbenos
 LOPD
Seguimiento pedidos 

 
 Inicio   Tienda on line   Servicio Técnico   Escríbenos 
 

Unión Musical de Coruxo

Fundada en 1880

Director: D. Miguel García Medraño




Dirección postal: Estrada do Bao, 65 - Coruxo
36.331 - Vigo
Pontevedra
Teléfono: 672106120
Correo electrónico: umcoruxo@gmail.com
Página web: unionmusicalcoruxo.blogspot.com






 Breve historial de la Unión Musical de Coruxo.


A fundación desta entidade data do ano 1.880, cando D. Eusebio Alonso Fernández reúne entorno a súa persoa a un grupo de veciños de Coruxo e parroquias colindantes para fundar a Unión Musical de Coruxo.

Despois do finamento de D. Eusebio Alonso a banda estivo dirixida por dous dos seus fillos: D. Severino Alonso Mallo entre os anos 1.928 e 1.932, e por D. Eusebio Alonso Rodríguez (Roque) entre 1.932 e 1.972.

No ano 1.972 a banda cesa as súas actividades por acordo do seu director e dos propios membros, pero a inquietude musical seguía presente nos compoñentes, feito que propiciou que un grupo deles mailo propio director (Roque) iniciasen unha nova etapa mediante as clases de música impartidas a un nutrido grupo de xóvenes. O esforzo e traballo destas persoas tivo a súa recompensa en Xullo de 1.982, cando a banda ofrecía o seu primeiro concerto da nova etapa. A partires desta data son continuas as actuacións por tódala comunidade galega.
Nese mesmo ano inscríbese como entidade cultural, e a partir desta data comeza a dar concertos polos centros culturais e festas de toda Galicia e parte do resto de España e Portugal, comezando a súa labor como presidente D. José Comesaña Comesaña.
No ano 1.985 colle a batuta o Mestre D. Miguel Sacristán Ramos, función que desempañará ata o ano 2003. Con él conseguíronse varios premios. Un dos últimos foi o logrado no LIII CERTAMEN DE BANDAS DE MÚSICA CIUDAD DE CULLERA (VALENCIA) na categoría de desfile.
Ademais, a banda posue unha Escola de Música aprobada pola Xunta de Galicia no 2002 na que nenos e nenas a partir de 5 anos, de Coruxo e outras parroquias, aprenden a tocar un instrumento para despois, se queren, entrar a formar parte da banda.
No ano 2004 comeza unha nova etapa para a banda. Próducese un cambio na Xunta Directiva collendo a presidencia D. Ricardo Acuña Martínez, e a batuta é cedida a D. Pedro Sanz Alcover. No verán do 2005 é trasladado a Valencia, de onde é natural, polo que se fai cargo da banda D. José Pérez Arias, profesor de trompeta no Conservatorio de Vigo.
Ó ano seguinte, e ata hoxe, a banda e a súa Escola de Música pasa a ser dirixida por D. Miguel García Medraño, profesor de clarinete no “Conservatorio Profesional de Música da Estrada”.





Curriculum de D. Miguel García Medraño.


Nace en Vigo no ano 1980. Os seus primeiros anos pásaos en Ourense, cidade na que comeza os seus estudos de música, ós 6 anos, da man de D. Antonio Seijo. Mais tarde ingresa no Conservatorio Profesional de Música da mesma cidade.

En 1990 retorna a súa cidade natal e ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remata a sua carreira musical na especialidade de clarinete coa calificación de notable. Nesta etapa recibe clases de profesores coma: Francisco Pérez, Miguel Aguilar, Fernando Abreu, Roberto Noche e Esteban Valverde, con quen remata a súa carreira.

Formou parte da “Banda Unión Musical de Valadares”, da “Banda da Mancomunidade de Vigo”, da “Banda Sinfónica de Vigo”, da “Banda do Conservatorio Superior de Música de Vigo”; ademais de colaborar con numerosas bandas da xeografía galega como a “Banda Municipal de Ourense”, “Banda-Escola de Música de Beade”, “Agrupación Atlántida de Matamá”…

No ano 1999 pasa a formar parte da E.P.O. dependente da O.S.G (Orquesta Sinfónica de Galicia) onde recibirá clases de maestros da talla de D. James Ross, D. Vicente Alberola, D. Rubén Gimeno…

Neste mesmo ano obtén tamén praza na Escola de Altos Estudos de Galicia, dependente do I.G.A.E.M., onde recibe clases da man de D. Manuel Juan. Ademais asiste a cursiños organizados no seo da Escola sobre análise musical e armonía.Paralelamente cursa estudos de Maxisterio Musical na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, onde obtén o título no 2004.Tamén formou parte da J.O.N.D.E. (Joven Orquesta Nacional de España) no ano 1999.Realizou numerosos cursiños de clarinete, análise musical, pedagoxía e práctica orquetral con numerosos profesionais de renome. Asiste a cursos de dirección con James Ross e Jan Van Der Ross.

No ámbito profesional foi profesor no “Conservatorio Mayeusis de Vigo”, “Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía”, “Colexio Bouza Brey de Vigo”, “Escola Municipal de Caldas de Reis” e “Escola da Banda de Música de Cuntis”, onde ademais realiza as suas primeiras andainas como director.
Actualmente é profesor de clarinete no “Conservatorio Profesional de Música da Estrada”, dende 2005; é director da “Banda Unión Musical de Coruxo”, así como director da Escola de Música dependente dela, dende o 2006, onde imparte clases de clarinete e linguaxe musical desde o 2004.




Puntogal


 
 Vigo Música, S.L. - 2.010