Inicio
Inicio Inicio Inicio
Inicio
 
 
 
Mis compras
0€ Iva incl.
0 Artículo
Ver mi cesta
 

Búsqueda



TIENDA ON LINE 
 Piano
 Guitarra
 Violín
 Viola
 Cello
 Contrabajo
 Oboe
 Flauta
 Clarinete
 Saxo
 Fagot
 Trompeta
 Trompa
 Trombón
 Bombardino
 Tuba
 Percusión
 Tradicional
 Varios
Servicio técnico 
 Viento madera
 Viento metal
 PuntoRep
 Cuerda
Nosotros 
 Quienes somos
 Contacto
 Fotos tienda
 Cómo llegar 
 Condiciones generales
 Garantía
 Proceso de pedido
 Plazos de entrega
 Servicios web
 Escríbenos
 LOPD
Seguimiento pedidos 

 
 Inicio   Tienda on line   Servicio Técnico   Escríbenos 
 

Banda de Música Sementeira de Cambre

Fundada en 1,978

Director: FRANCISCO JAVIER VIDAL SUÁREZ




Dirección postal: O Souto s/n. Sigrás
15.181 - Cambre
A Coruña
Teléfono: 699843703
Correo electrónico: info@bandaescolasementeira.tk
Página web: http://www.bandaescolasementeira.tk/






 Breve historial de la Banda de Música Sementeira de Cambre.


A Escola de Música “SEMENTEIRA”, escomeza a súa andaina no ano 1978 na parroquia de Anceis, en Cambre (A Coruña), sendo presidente fundador D. Rafael López Sánchez, primeiramente adicouse ao ensino da gaita e do baile folclórico galego. Axiña se forma un numeroso GRUPO DE BAILE, ó mesmo tempo, moitos rapaces coa axuda dos mestres aprenden tamén a tocar a gaita e fórmase o GRUPO DE GAITAS. Ámbolos dous grupos, percorren a Comunidade Galega acadando importantes premios. Durante dez anos seguidos, esta Asociación, organizou o “CONCURSO FOLCLÓRICO DE ANCEIS”, no que participaron a mayoría das Agrupacións Folclóricas Galegas, tanto de baile como de Gaita. Renovada a xunta directiva no ano 1992, accede ó cargo de presidente D. Evaristo Canosa Quintáns, contando nesta data con máis de setecentos socios e aproximadamente cincuenta e dous alumnos.
Anos máis tarde, a Escola de Música “SEMENTEIRA” amplía a súa actividade formativa de Vento e Percusión, sendo numerosos os alumnos matriculados nas distintas materias ata chegar a impartir na actualidade ensinanzas do Linguaxe Musical, Vento Metal, Vento Madeira, Percusión, Piano e Guitarra, Música e Movemento...
A Banda de Música “SEMENTEIRA” fai a súa participación oficial en Cecebre o 27 de decembro de 1986, formada e dirixida polo recoñecido mestre D. Francisco Rivas Andrade, dende a súa formación ata o ano 2000 baixo a súa batuta, ofreceu numerosos concertos por toda a Comunidade Galega, actuando tamén en Asturias, Valencia e Portugal, e cabe destacar a súa participación no programa da TVG “Con Música Propia”.
É unha Banda formada mayormente por xóvenes que escomenzaron aprendendo Linguaxe Musical e instrumentos de Banda da propia Escola, gracias ao recoñecido prestixio do cadro de mestres colaboradores, este comezo sentará as bases para que os alumnos fagan a carreira de música gañando difíciles oposicións a nivel rexional e nacional. Na actualidade o número de componentes da Banda de Música é de 35, e dende o ano 2000 segue actuando en numerosos concertos dirixida por D. Francisco Xavier Vidal Suárez, mestre membro da Banda Municipal de A Coruña. Dende o ano 1997 a Xunta Directiva presidida por D. Xosé Luis Carro Rodríguez, coorganiza xunto coa Concellería de Cultura o “FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE CAMBRE”. Esta iniciativa ten unha boa acollida tanto entre a poboación como entre os componentes das bandas que ao longo destes anos se veñen invitando, de ahí que se manteña como unha cita anual no mes de Agosto. No ano 2004, organizado pola Área de Cultura e Benestar Social do Concello de Cambre, tivo lugar, con grande éxito de público e lugar con moitas noraboas pola iniciativa o “1º CONCERTO DE MÚSICA VOCAL E INSTRUMENTAL”, no que baixo a dirección de D. Francisco Xavier Vidal Suárez, actuaron conxuntamente a Banda de Música “SEMENTEIRA”, a Coral de Santa María de Cambre, a Coral de Cecebre, o Coro Parroquial de Sigrás e a Coral “O Adro” de Bribes e a prestixiosa mezzosoprano María José Ladra.




Curriculum de FRANCISCO JAVIER VIDAL SUÁREZ.


Nace en Arcade (Pontevedra) en 1968.Comenza os seus estudios musicais co seu pai,estudios que continuará oficialmente nos conservatorios de A Coruña e Vigo,sendo neste último onde acada o título de mestre de clarinete con brillantes calificacións," Matricula de honra " no grado medio,e no grado superior consegue por unanimidade o " Premio de Honra Fin de Carreira ".
No ano 1985 ingresa por oposición na (JONDE) JOVEN ORQUESTA NACIONAL DE ESPAÑA,sendo o primeiro galego en formar parte da devandita orquesta.É nesa agrupación onde realiza unha intensa laboura na música sinfónica,traballo orquestal e música de cámara.
Ao mesmo tempo perfecciónase con pedagogos e instrumentistas de recoñecido prestixio como Antony Pay ( Reino Unido ),Walter Boeykens ( Bélxica ),J.E. Lluna ( España ),Christin Ludquist (USA),Anton Weinberg ( Canadá ), Geraldine Allén ( Reino Unido ) ,e outros.

Coa JONDE realizou concertos por toda España, actuando en Auditorios coma o "TEATRO REAL" de Madrid," AUDITORIO MANUEL DE FALLA " e " PALACIO CARLOS V " en Granada, "PALAU DA MÜSICA " en Valencia," TEATRO ARRIAGA "en Bilbao, " PALAU DA MÚSICA " en Barcelona, e o " NOVO AUDITORIO NACIONAL " de Madrid,entre os máis importantes,ademáis de actuar nos mellores teatros e auditorios das cidades máis relevantes de paises coma Belxica,Hungria e a antiga U.R.S.S.

Formou parte de numerosas agrupacións camerísticas como o Quinteto de vento "Scherzo" de Arcade,do cal foi fundador;dúo de clarinete-piano"Alevia";"Grupo de cámara Strawinsky" formado por antiguos integrantes da JONDE;"Grupo de cámara de clarinetes de Vigo" e "Orquesta de cámara de clarinetes de Beade "( Vigo )da cal foi director.

Foi mestre de clarinete e linguaxe musical no conservatorio de Redondela,no de Viveiro, e no "Maieusis" de Vigo.Impartiu tamén clases na escola de música de Beade e na de Ponteledesma.

No campo orquestal foi membro da orquesta de cámara do conservatorio de Vigo,clarinete solista da "Orquesta Municipal de A Coruña", tendo actuado como concertista en numerosas ocasións.Colaborou coa "Orquesta sinfónica de Euskadi",coa "Orquesta Sinfónica de Galicia" e coa "Real Philarmonia de Galicia".

Foi director da “ Banda de Música Municipal de Viveiro “ dende o ano 1994 ata o 2005,Banda coa que realizou multitude de proxectos musicáis como,e entre outros, a creación da “ Banda Sinfónica das Rías Altas “, formada por músicos das distintas bandas da Mariña lucense e o norte da Coruña, e da cal foi director dende a súa creación en 1998.

Na actualidade forma parte do cadro de mestres da Banda de Música Municipal de A Coruña dende1989 sendo clarinete solista,actividade que compaxina cunha intensa laboura pedagóxica en diversos centros de ensinanza musical en Galicia coma a do" Conservatorio de grado medio do Colexio Obradoiro " e a " Escola de Música Sementeira de Cambre ",ademáis dun importante traballo de musica de cámara con grupos como o quinteto de vento "Coruña Quintet" e o cuarteto de clarinetes "Divertimento",formacións coas que percorre a xeografía galega ofrecendo recitais,así como levando a dirección da "BANDA DE MÚSICA SEMENTEIRA DE CAMBRE”.

Asimesmo acaba de realizar no 2004 un Master en interpretación do clarinete na Universidade de A Coruña cos mestres J.Luis Estelles,Michel Lethiec,Antony Pay,Henry Bok,Hans Deinzer e Meloni.





Puntogal


 
 Vigo Música, S.L. - 2.010