|
Banda de Música Cultural de Teo
Fundada en 1,987
Director: D. Álvaro Varela Ferradáns

| Dirección postal: |
Escola de (Campos), Santa María de Teo |
|
15.886 - Teo |
|
A Coruña |
Breve historial de la Banda de Música Cultural de Teo.

nace en Vigo en 1978 e por motivos familiares trasládase aos oito anos a Merza, onde comeza os seus estudos musicais na Escola da Banda Artística de Merza. Máis tarde comezará tamén estudos ofi ciais no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela, onde obterá no ano 2001 o título de profesor superior de trompeta. Recibiu clases e acudiu a cursos de trompeta de instrumentistas da categoría de Luís González Amosa, José Rodríguez Ramos, Benjamín Moreno, Javier Simón, Maurice André, Eric Aubier, Hakan Hardenberger. Así mesmo, recibiu cursos e asistiu a clases de formación vocal e auditiva, conxunto coral, dirección coral e de banda de música con Miro Moreira, Sally Allbought, Marcel Van Bree, Carlos Seráns etc. Ademais, Álvaro Varela é licenciado en economía pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe tamén o título do Curso de adaptación pedagóxica impartido por esta institución. Como trompetista, forma parte e colabora con gran variedade de agrupacións como a Banda Artística de Merza, a Banda Municipal de Santiago, a Banda Sinfónica de Galicia, a Banda Sinfónica do Deza, a Banda Filharmónica de Galicia, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, a Orquestra de Cámara Galega, a Orquestra Clásica do Deza, o Grupo de Metais de Galicia, o Quinteto de Metais Merza Brass etc. Traballou como profesor en distintos centros como a Escola de Música de Vila de Cruces, a Escola de Música da Banda de Música Cultural de Teo, o Conservatorio de Ponteareas e en varios centros de educación secundaria etc. Outra faceta súa foi a de director artístico durante varios anos da Coral San Salvador de Camanzo e da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. No ano 2004, ingresa por oposición no corpo de profesorado de música de educación secundaria. Actualmente é profesor de música no IES Pintor Colmeiro de Silleda e director da Banda de Música Culturalde Teo.

Curriculum de D. Álvaro Varela Ferradáns.

Miguel Rodríguez Barrio nace en Merza en 1974 no seo dunha familia de músicos. Comeza os seus estudos musicais na escola de música da Banda Artística de Merza da man de Ramón Guzmán e Santiago Neva Curtido. Aos 16 anos trasládase a Santiago de Compostela para iniciar os estudos de solfexo e tuba no conservatorio desta cidade, no que recibe clases, ao tempo, de Xosé Carlos Seráns Olveira. Rematados os estudos en Santiago, trasládase a Madrid por un período de dous anos, nos que estuda con Miguel Navarro Carbonell. Foi profesor nos seguintes centros: Escola de Música de Silleda, Escola de Música de Bandeira, Escola de Música de Merza, Escola de Música da Unión Musical de Ponte Ledesma, Escola de Música de Vila de Cruces e Escola de Música de Sober. Fundou os cursiños de vento realizados en Bandeira durante cinco anos e o Festival de Metais de Galicia. Foi membro activo de distintas agrupacións, entre as que destacamos: Banda Municipal de Santiago, Banda Sinfónica de Galicia, Xoven Orquestra de Galicia, Quinteto Campos e Quinteto Santa Cecilia, Banda Sinfónica das Rías Altas, Banda do Deza, Orquestra da Comunidade Galega, Orquestra Sinfónica de Galicia, Agrupación Harmonía etc. Asistiu a diversos cursos con Miguel Moreno, J. Ettenbert, Aidy Hergo, Pablo Asturiano e Styf Dumeil. Foi director durante sete anos da Unión Musical de Ponte Ledesma. Durante o 2005 dirixiu a banda de Sober e na actualidade dirixe a Banda de Música Cultural de Teo. Estudou dirección con Marcel van Bree. Logo realizou diversos cursiños da man de mestres como Francisco Grau (Banda Real), Jan Cober (director da Escola Europea de Dirección de Banda, en Trento) e outros máis. Desde o ano 2000 é tuba solista por oposición da Banda Municipal da Coruña, ocupación que alterna, desde outubro de 2005, coa dirección da Banda de Música Cultural de Teo.

|