|
Banda de Música Municipal de A Coruña
Fundada en 0
Director: D. Marcel van Bree

| Dirección postal: |
c/Alfonso Molina. S/N - Edificio Coliseo |
|
A Coruña |
|
A Coruña |
| Teléfono: |
0 |
| Correo electrónico: |
|
| Página web: |
|
Breve historial de la Banda de Música Municipal de A Coruña.


Curriculum de D. Marcel van Bree.

Naceu en Meijel (Holanda). Estudou no Conservatorio Superior de Tilburgo, onde obtivo os diplomas de clarinete e dirección coas máximas cualifi cacións. Proseguiu os seus estudos de dirección con Pierre Kuijpers, E. García Asensio, Heinz Friezen e Gerald Brown. En Holanda foi profesor de clarinete na Stichting Hogeschool Kreato de Thorn e director das bandas de Nieuwstadt, Koningslust e Gemert. Desde o seu traslado a Galicia en 1992 e ata o ano 2004 foi director do Conservatorio Profesional de Lalín, a Orquestra de Cámara do mesmo e a Banda Municipal de Lalín. Foi director da Banda Sinfónica de Galicia e foi nomeado director da Banda da Federación Galega no momento da súa fundación no ano 2000. En calidade de director invitado, dirixiu as principais bandas de música de Galicia, Banda Municipal de Madrid, Albacete, Bilbao e a Banda Sinfónica do Centro Superior de Música (Musikene) do Pais Vasco. gravou CDs coa Banda de Lalín, Banda Sinfónica de Galicia e Banda Municipal da Coruña. Como profesor, impartiu cursos de dirección nos conservatorios de Pontevedra, Ourense, Lalín, Lugo e Porto. Ademais da súa actividade principal como director, realiza transcricións para banda sinfónica. Desde setembro de 2004 é director titular da Banda Municipal da Coruña.

|